martes, 6 de mayo de 2008

RADIOBEMBA SOUND SYSTEM EN GALICIA



Tras o alcume de Radiobemba Soundsystem, Manu Chao emprende unha nova xeira de concertos en diversos puntos da xeografia galega. Sen dúbida, un dos fillos adoptivos máis queridos da nosa terra fará destas citas momentos inesquencibeis para o gran número de siareiros que seguen sua andaina dende os días de Os Carayos e Mano Negra. Ante concertos coma estes só podo recomendar que se achegen ata as vilas e cidades onde recalará a trouppe para contemplar ao vivo a forza e a empatia acadadas nos shows deste trotamundos parisino convertido xa en unha figura sobranceira no eido musical grazas a maxistrales traballos coma “Puta’s Fever” ou “Casa Babylon”, e porque non, no social, se atendemos ao seu compromiso coas causas dos mais desfavorecidos. En máis dunha ocasión pensei en él coma na reencarnación do finado Bob Marley, apoiando ista reflexion no seu abraiante carisma e na pegada que tivo e aínda ten sua discografía en moitas formacións musicais arredor do mundo. A formación composta por Gambeat, David, Julio, Madrid, Philip (Garbancito), Angelo, e Chuko, e liderada por Manu Chao ofrecerá catro concertos por terras galegas neste mes de Maio iniciando así a sua xira Tómbolatour 2008.
As datas dos concertos de RadioBemba son:
Venres 16 e Sábado 17 as 23:00h en Monforte de Lemos, organizado pola Asociación de Solidaridade Salvador Allende, nunha carpa, para 1.300 persoas, instalada no Campo de fútbol dos Escolapios.
Mércores 21 as 22:00h en Ourense no Café Xesteira, con capacidade para 1.100 persoas. As entradas venderanse no Café Xesteira de Ourense e na Vinotera A Micalla de Allariz
Venres 23 no Coliseum de A Coruña con capacidade para 7.000 persoas. As entradas vendenderanse mediante o servicio de venta de entradas Caixa Galicia.O prezo de cada concerto é de 15 euros O prezo en Coruña é de 15 euros+ gastos de xestión.